Cantera Galicia

Información del fútbol base gallego

Diego Puentes: «Gañar é unha consecuencia do traballo ben feito e doutros tantos factores (algún incontrolable)»

Diego Puentes (d)

Loita pola permanencia na Liga Galega Infantil é, polo de agora, cumpre o obxectivo. O Porriño de Diego Puentes rematou a primeira parte da tempada no posto 12 do grupo 2 e desde xaneiro compite na Fase Descenso.

Nota do equipo no que vai de temporada.
Un 8.

É xusta a clasificación?
O equipo mereceu máis puntos.

En que zona esperaba que estivese o equipo a estas alturas da tempada?
Nesta segunda fase da tempada, un pouco máis arriba con eses puntos merecidos.

«Os xogadores teñen que buscar máis regularidade e confianza con resultados para soltarse ao 100% e desfrutar»

O equipo mellorou máis a nivel individual ou colectivo?
Ambas, pero quizais máis a nivel colectivo: aprender a xogar e competir como equipo.

Cal é o xogador que máis evolucionou?
Varios mis prefiro non dar nomes.

Cal é o MVP da temporada no Porriño?
Poderíase dar a varios.

«Co 1-4-2-3-1 están máis compactos, máis ordeados, defenden mellor e en ataque coñecen mellor a súa posición e os espazos a conquistar e a utilizar con e sen balón»

Conseguiu que o equipo xogue ao que pretendía antes de comezar a liga?
Levo co equipo desde principios de xaneiro e penso que si. Agora, os xogadores teñen que buscar máis regularidade e confianza con resultados para soltarse ao 100% e desfrutar.

Con que sistema rende mellor o seu equipo?
Co 1-4-2-3-1. Están máis compactos, máis ordeados, defenden mellor e en ataque coñecen mellor a súa posición e os espazos a conquistar e a utilizar con e sen balón.

Son importantes as xogadas a balón parado ou son situacións secundarias?
Son importantes no fútbol, pero nesta categoría (ou nas circunstancias e no momento que eu cheguei o equipo) son ‘secundarias’ debido a que estes rapaces (proceso madurativo) fáltalles, en xeral, forza para un bo centro e un bo remate.

«Fixemos un formulario para coñecer a súa opinión dos adestramentos, partidos, vestiario ou como están vivindo esta situación para eu ter feedbacks do que vai de tempada e aprender e mellorar»

Que valor ten o rival na preparación dun partido de liga?
Ao rival hai que coñecelo, saber as súas fortalezas e debilidades, pero non modifico a forma de xogar do equipo. Céntrome na nosa forma de xogar para aproveitar as súas debilidades e diminuir as súas fortalezas.

Como mantén contacto cos seus futbolistas na situación actual?
Manteño o contacto con eles mediante WhatsApp, doulles ánimos, forza para manterse activos se hai que voltar á competición. Tamén fixemos un formulario para coñecer a súa opinión dos adestramentos, partidos, vestiario ou como están vivindo esta situación para eu ter feedbacks do que vai de tempada e aprender e mellorar.

Cal foi o equipo da liga que máis lle gustou?
O Choco. Intenta xogar ao fútbol cun ataque combinativo.

«A maiores dos rapaces da actualidade non son tan fortes ou tan físicos nestas idades como eran fai dez anos»

Cal foi o mellor partido do seu equipo esta temporada?
Contra o Atios ou o AJ Lérez. En ambos partidos mantivemos a porta a cero dende unha orde defensiva moi correcta dentro da etapa infantil e, en ataque, levando pouco tempo conmigo, xogaron moi bo fútbol atacando por bandas e conseguindo moitas e moi claras oportunidades de gol. Nun partido materializaron dúas; no segundo, ningunha.

De que derrota aprendeu máis?
De todas as derrotas poden e deberían aprender. A derrota na segunda fase contra o ED Ourense foi complicada. Penso que puideron aprender moitas cousas, ao igual que da última contra o Choco, na que na segunda parte conseguiron xogar e competir bastante ben, moito mellor que na primeira, a pesar de ter diante un moi bo rival.

En que cambiou o fútbol base da actualidade respecto ao de fai dez anos?
Un factor importante sempre nestas categorías é o proceso madurativo dos rapaces. A maiores dos rapaces da actualidade non son tan fortes ou tan físicos nestas idades como eran fai dez anos. Ao crecer en campos de herba artificial e con moitos (ou todos) medios ao seu alcance na súa vida, poden saír máis técnicos se cabe ou non (nos campos de terra mellorabas moito neses aspectos, non quedaba outra) pero teñen moito que mellorar a nivel fortaleza mental e física.

«O deporte é unha ferramenta perfecta para ser e facer mellores persoas. É meu primer obxectivo como adestrador»

Adéstrase mellor a técnica en campos de herba artificial ou nos de terra?
Nos antigos campos de terra mellorabas moito a túa técnica e calidade por supervivencia, tiñas que adaptarte. Hoxe podes traballar en mellores condicións materiais a técnica sen que iso sexa sinónimo de conseguir mellores resultados: pouca capacidade de esforzo e supervivencia para aprender e mellorar ao ter ‘todo’ o seu alcance, como un campo xenial.

Formar e intentar gañar ou gañar e intentar formar?
Sempre formar e intentar gañar. Formar é obrigatorio nesta categoría e en todas. O deporte é unha ferramenta perfecta para ser e facer mellores persoas. É meu primer obxectivo como adestrador. Gañar é unha consecuencia do traballo ben feito e doutros tantos factores (algún incontrolable), como a sorte, o proceso madurativo, o talento innato…

É un problema o espacio do que se dispón para realizar un adestramento?
Teño unha mentalidade, ou trato de tela, optimista-estoica sen deixar de ser realista. Un adestrador debe transmitir valores ao seu equipo porque é un exemplo: a autoridade ou o adulto do grupo. Non buscar excusas e si solucións, é básico. Hai que saber adaptarse según a dispoñibilidade de espazo que teñas e o día do microciclo.

«Teño unha mentalidade, ou trato de tela, optimista-estoica sen deixar de ser realista»

Cre nas técnicas de motivación no fútbol base ou están reservadas para o fútbol amateur?
Creo e confío moito nelas. Leo libros deste tema, gústanme autores como Pep Marí ou Imanol Ibarrondo e, hoxe en día, un dos principais obxectivos que debe ter un adestrador é loitar contra o abandono pronto das actividades deportivas como o fútbol, que cada vez é máis normal. No meu club temos unha psicóloga e traballamos moitos estes aspectos, como tamén a comunicación positiva.

Emprega o soporte de vídeo co seu equipo?
Nesta categoría, non. Focalizo a miña enerxía noutros moitos aspectos que considero máis importantes. Nalgún momento puntual, ensineilles un anaco dun partido para que asimilaran de forma máis visual a súa mellora, pero non utilizo este soporte.

Como deben resolverse as competicións profesionais e as non profesionais que se suspenderon polo COVID-19?
Son partidario de terminalas e de, existir modificacións, que sexa na tempada seguinte deixando todo claro en canto a normas. Facer modificacións agora para terminalas sen xogar pode ser inxusto. Aínda que tamén entendo que nas categorías non profesionais, ou nas máis baixas da base non sexa tan importante terminalas e facer xogar aos nenos e nenas en verán.

O TEST DO MÍSTER 📝

  1. Traballa sempre o balón parado os venres?
  2. Música no vestiario os días de partido?
  3. Grito do grupo antes de comezar os encontros?
  4. Roupa de rúa no banco nos partidos?
  5. Queda no vestiario durante o quecemento?
  6. Diríxese ao árbitro durante os partidos?
  7. Os suplentes quecen sen un adestrador/axudante?
  8. Entra no campo cando da indicacións?
  9. Ten unha relación próxima cos pais dos xogadores?
  10. Fixo algún adestramento sen balóns?
A %d blogueros les gusta esto: