Cantera Galicia

Información del fútbol base gallego

Valoración da Costa da Morte sub-13 no Campionato Galego de Seleccións Comarcais, por Juan Manuel Marcote e Rubén Martínez

Conclusións do torneo.
“Foi unha experiencia marabillosa poder estar representando á Costa da Morte neste torneo. A pesares de estarmos no noso recuncho, temos moi boa materia e, grazas ao gran traballo que están a realizar os clubs costeiros, non paramos de medrar de maneira exponencial. Respecto á competición como tal, aínda que non puidemos saborear o doce da vitoria, voltamos moi satisfeitos. Tocounos bailar con dúas das ‘máis feas’ -A Coruña e a campioa Santiago- e demos a cara con creces. Eramos coñecedores do gran nivel do torneo, e sabiamos que as dificultades ían ser enormes. Por isto, durante o período preparatorio estivemos traballando un modelo bastante conservador, cun posicionamento defensivo en bloque baixo e tratando de buscar oportunidades coas contras. No partido ante Ferrol estivemos un pouco máis soltos, o nivel era bastante parello e puidemos tomar a iniciativa. Fomos capaces de dominar o xogo en gran parte do tempo, pero condenounos a falta de acerto de cara a portería. Foi unha mágoa porque non nos iriamos coas mans baleiras e sería un premio para todos.
No tocante aos xogadores, só podemos quitarnos o chapeu. Sempre estiveron predispostos para todo e deixaron a vida tanto nos adestramentos coma na competición. Pero, o máis importante, en todo momento tiveron un comportamento e unhas actitudes excelentes. Para rematar, queda amosarlle todo o noso agradecemento aos clubs, nais e pais, xogadores, e en especial a don Manuel Corredoira por apostar por nós para este gran evento”.

  1. Dylan (Dumbría) | Seguridade
  2. Sergio (Outes) | Garra
  3. Isma (Cee) | Todocampista
  4. Fran (Xallas B) | Solvencia
  5. Mario (Sofán) | Revelación
  6. Cristian (Dumbría) | Equilibrio
  7. Iván (Ponteceso) | Explosividade
  8. Dani (Outes) | Xerarquía
  9. Lois (Esteirana) | Potencia
  10. Costa (Dumbría) | Supremo
  11. Simón (Esteirana) | Talento
  12. Julián (Porteño) | Todoterreo
  13. Álex Areosa (Sofán) | Disciplina
  14. Iago (Dumbría) | Mobilidade
  15. Eloy (Outes) | Desborde
  16. Brais (Cabana) | Calidade
  17. Javier (Cerqueda) | Descaro
  18. Álex Blanco (Porteño) | Correcamiños

1×1

  1. Dylan (Dumbría) | Seguridade
  2. Sergio (Outes) | Garra
  3. Isma (Cee) | Todocampista
  4. Fran (Xallas B) | Solvencia
  5. Mario (Sofán) | Revelación
  6. Cristian (Dumbría) | Equilibrio
  7. Iván (Ponteceso) | Explosividade
  8. Dani (Outes) | Xerarquía
  9. Lois (Esteirana) | Potencia
  10. Costa (Dumbría) | Supremo
  11. Simón (Esteirana) | Talento
  12. Julián (Porteño) | Todoterreo
  13. Álex Areosa (Sofán) | Disciplina
  14. Iago (Dumbría) | Mobilidade
  15. Eloy (Outes) | Desborde
  16. Brais (Cabana) | Calidade
  17. Javier (Cerqueda) | Descaro
  18. Álex Blanco (Porteño) | Correcamiños

Resultados Grupo A
A Costa 0-3 A Coruña
A Costa 0-1 Ferrol
A Costa 0-3 Santiago

Clasificación Grupo A
Santiago. 9 puntos (6GF – 0GC)
A Coruña. 6 puntos (4GF – 1GC)
Ferrol. 3 puntos (1GF – 3GC)
A Costa. 0 puntos (0GF – 7GC)

A %d blogueros les gusta esto: