Cantera Galicia

Información del fútbol base gallego

Valoración da Costa da Morte sub-11 no Campionato Galego de Seleccións Comarcais, por Carlos Romero

Conclusións do torneo.
“Encargóusenos unha misión tan bonita e ilusionante como difícil: dar visibilidade á canteira de fútbol 8 da Costa da Morte. Foi un claro paso adiante da Selección sub-11. Púidose ver que o nivel dos nosos nenos non ten nada que envexar ó de outras zonas de Galicia. Logo dos dous primeiros anos nos que non se conseguiron os resultados desexados, esta vez partimos coa premisa de que debíamos ser competitivos en cada un dos partidos. Non tiñamos referencias do nivel que podiamos dar nin o das seleccións ás que nos enfróntabamos. O sorteo non foi precisamente benévolo, tendo en conta que quedamos encadrados con Santiago e A Coruña, dúas seleccións que foron as finalistas. O grupo de nenos foron quen de tutear tanto a Coruña como a Santiago, conseguir unha folgada vitoria sobre Ferrol e un empate contra Ourense na desputa polo quinto posto. A pesares de que os resultados deportivos foron moi bos, o mellor do campionato foi ver a comunión de todo o futbol costeiro desfrutando dunha xornada que, para nenos, pais, adestradores, directivos e demais presentes, resultou espectacular. Estamos orgullosos polo conseguido e impacientes por volver a competir e así poder acadar cotas maiores para o ben do futbol da Costa. A valoración non pode ser mais positiva en tódolos aspectos. Só me queda agradecer o traballo de todo o grupo que conforman as seleccións de fútbol da Costa, capitaneados por Manolo González Corredoira e Silvia Cancela.
 

1×1

  1. Migui (Dumbría) | Seguro
  2. Xurxo (Carnota EF) | Eficaz
  3. Iñigo (Xallas) | Cañón
  4. Nico (Dumbría) | Elegancia
  5. Mario (Cee) | Incansable
  6. Teo (Cerqueda) | Chispa
  7. Cristian (Esteirana) | Cazagoles
  8. Pablo Costa (Dumbría) | Polivalente
  9. Xoel (Coristanco) | Todoterreno
  10. Caamaño (Cee) | Clase
  11. Taboada (Dumbría) | Completísimo
  12. Luisma (Sofán) | Listo
  13. Samuel (Coristanco) | Traballador
  14. Periscal (Xallas) | Pelexa

Resultados Grupo A
A Costa 0-4 A Coruña
A Costa 3-0 Ferrol
A Costa 1-5 Santiago

Clasificación Grupo A
Santiago. 9 puntos (12GF – 2GC)
A Coruña. 6 puntos (7GF – 4GC)
A Costa. 3 puntos (4GF – 9GC)
Ferrol. 0 puntos (0GF – 8GC)

Partido polo 5º posto
A Costa 1-1 Ourense (*)

(*) Gañador na quenda de penaltis

A %d blogueros les gusta esto: